Imos de vagancións
E agora imos de vagancións, aproveitando este espazo entre as nubes.
Refírome a Galiza, claro. A nubeciña que se ve non é máis ca néboa do Nordés callada en fermosos cúmulos que dan alegría e variedade ao ceo e molestan á xente que está na praia a torrar.
O Nordés bótalles area por riba da crema.
Pero co Nordés o mar está azul ultramar, máis azul mar ca nunca, con rizos brancos. O navegante atópase co "sorriso innumerable das ondas". O nadador, tamén a pantocazos, atópase coas salseiras que lle entran pola gorxa e polo nariz, afogándoo e facéndolle tusir.
Pola noite, na vila, a xente abraza as febles chaquetiñas de verán contra o peito. E as cabeleiras, que traicionaron ao mar con auga clorada e con champú, arremuíñanse ao redor dos rostros churrascados.
É fermoso e ledo o tempo do Nordés no verán. Imos por el, logo.


Chúzao
del.icio.us
